© Copyright 2007. | diseñado por ZAPASOFT | Buscar | Volver Arriba
Presentacion | Colexio | Asociacion | Eventos | Ventaxas | Colexiados | Ligazóns | Contacto | Site Map |
Os Químicos de Galicia temos duas organizacións complementarias que actúan conxuntamente na procura dos niveis más altos de eficacia científica, competencia profesional, conducta ética e mellora da imaxen da Química perante a sociedade galega. Son, por un lado o Colexio Oficial de Químicos , corporación de dereito público e representación profesional de todos os Licenciados en Química que desenvolven a súa actividade en Galicia, á que é obriga legal pertenecer para o exercicio da profesión de Químico, e que forma parte do “Consejo General de los Colegios Oficiales de Químicos de España”.
Por outro, a Asociación de Químicos de Galicia, membro de ANQUE (Asociación Nacional de Químicos de España), de carácter voluntario. A afiliación a ambas as dúas require estar en posesión do Titulo de Licenciado en Química nas súas diferentes versións ou de Enxeñeiro Químico. Tamén o poden facer todos os Licenciados en Bioquímica, Ciencias Ambientais,Ciencias do Mar e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
As competencias recoñecidas por ley son, entre outras, o asesoramento dos Organismos do Estado, Entes Autonómicos, Provinciais ou Municipais e entidades públicas ou privadas; visado de proxectos industriais e informes técnicos; peritaxe xudicial, etc. etc.